
A PLATAFORMA “SEGUIR CREANDO EN DIXITAL” RECLAMA QUE A ADAPTACIÓN DA DIRECTIVA EUROPEA RECOÑEZA OS DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL
- O 07/04/2021
A plataforma “Seguir Creando en dixital” reclama ao Goberno do Estado que a próxima transposición á lexislación española da Directiva europea sobre dereitos de autoría no mercado único dixital recoñeza clara e especificamente os dereitos de propiedade intelectual e a súa xestión colectiva obrigatoria e irrenunciable.
“Seguir Creando en dixital” subliña a súa preocupación ante a posibilidade de que a transposición non reflicta o lexítimo dereito da autoría a unha negociación colectiva con transparencia sobre as condicións de explotación da súas obras, sobre os usos aos que son sometidas e sobre a remuneración que lle corresponde e á que alude o artigo 15 da Directiva.
Máis información: https://www.federacioneditores.org/img/documentos/260321-notasprensa.pdf