
Acto en Vigo arredor do ensaio “Irmandiñas”, de Aurora Marco, editado por Laiovento
- O 11/05/2022
O mércores, 11 de maio, ás 19 horas, na biblioteca pública “Juan Compañel”, Aurora Marco falará do seu libro IRMANDIÑAS -Premio Follas Novas do Libro Galego 2021 na modalidade de Ensaio e Investigación-, editado por Laiovento, nun acto organizado polo Centro de Documentación e Recursos Feministas do Concello de Vigo.