Actos de Alvarellos Editora na Feira do Libro da Coruña
- O 28/07/2022
Alvarellos editora participa do 1 ao 20 de agosto, na 51ª edición da Feira do Libro da Coruña cunha homenaxe a Luz Pozo, firmas e presentacións.
- Alvarellos Editora regresa un ano máis cun posto e numerosas actividades á Feira do Libro da Coruña. Un acto poético colectivo lembrará a participación de Pozo Garca neste evento cada agosto durrante os seus últimos anos.
- Álex Mene, Blanca Crespán, Xosé Lastra e María do Cebreiro, entre outro/as, asinarán os seus libros na caseta de Alvarellos.
- Entre as novidades, a editorial presenta unha nova colección de fotos históricas da cidade, desta vez, coloreadas, dos anos 50.
- Ademais, unha edición facsimilar do cartel orixinal de La Barraca de García Lorca na Coruña en 1932 lembrará a célebre visita do poeta a Galicia hai noventa anos