Alba Cid gaña o Premio Nacional de Poesía Xove Miguel Hernández por “Atlas”
- O 20/10/2020
Alba Cid gaña o Premio Nacional de Poesía Xove Miguel Hernández por Atlas, editada pola Editorial Galaxia. O galardón, concedido polo Ministerio de Cultura, está dotado con 20.000 euros.
O xurado destacou que a obra premiada constitúe “unha reflexión sobre como a literatura elabora mapas da realidade e sobre o valor moral que pode ter a literatura como problematización do mundo. É poesía tanto do coñecemento como da emoción, e presenta unha nova cartografía en que se funde o mapa do corpo co do planeta, a memoria e o enigma”. Para o xurado Atlas é unha obra “escrita coa lóxica do asombro e chea de referencias culturais que se contemplan desde unha mirada excéntrica que fermenta en rebeldía.”