Alvarellos Editora presenta “Estrita necesidade”, en Bertamiráns
- O 07/06/2021
Alvarellos Editora presenta Estrita necesidade, o novo libro de Carlos Negro ilustrado coas fotografías de Benxamín Otero, o xoves 10 de xuño, ás 20:30 no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.
Neste poemario os autores renden homenaxe, escrita e visual, á xeración de pais e nais da posguerra, a uns tempos de racionamento, austeridade, duro traballo, afectos fondos e resistencia.