Alvarellos Editora presenta en Oroso “Federico García Lorca en Santiago de Compostela”
- O 27/04/2021
O vindeiro mércores 28 de abril ás 19h, no Local Social de Maiores de Sigüeiro (Oroso) Henrique Alvarellos presentará a súa obra “Federico García Lorca en Santiago de Compostela” editada por Alvarellos Editora.
A obra relata polo miúdo o camiño de Lorca na cidade. Tamén recolle as súas impresións cando regresa a Madrid ou na súa viaxe a Bos Aires, onde falará de Galicia con enorme entusiasmo.
O volume achega numerosos datos e máis de 70 ilustracións e documentos, algúns deles moi descoñecidos. Engade ademais valentes testemuños que teimaron por manter viva, despois do seu asesinato, a memoria de Lorca en Compostela. Por último, inclúese a primeira Ruta lorquiana por Compostela, onde se identifican e documentan 14 lugares imprescindibles.
No acto estarán presentes tamén Paula Fernández, profesora, e Isabel Fernández, concelleira de Muller, Ensino, Benestar Social e Normalización Lingüística do Concello de Oroso.
O Local Social de Maiores está na rúa do Campo, 9, en Sigüeiro.
Dado que aforo é limitado, cómpre reservar praza no 698184590.