ANTÓN REIXA PRESENTA “MELANCOHOLEMIA” NA LIBRARÍA LUME DA CORUÑA
- O 24/09/2020
O xoves, 1 de outubro, ás 19:00h, na librarías Lume da Coruña Kalandraka Editora presenta «Melancoholemia, Vida de Mamarracho», o novo libro de Antón Reixa, publicado na colección Rizomas de KALANDRAKA. O protagonista deste sorprendente relato é o anfitrión na xornada de portas abertas dunha institución de saúde mental que, dende un escenario, debulla o rocambolesco relato dun ser patético e sen personalidade que percorre lugares e tempos insólitos -dende «O Xardín das Delicias» do Bosco ata os restos do submariño ruso Kusk, pasando pola antiga Suevia galaica- introducindo elementos da cultura contemporánea.
Ademais de cumprir coas medidas de protección sanitaria, será un encontro con aforo limitado, polo que cómpre inscribirse a través do enderezo de correo electrónico info@librerialume.es. A libraría dispón de tenda virtual para que as lectoras e os lectores poidan adquirir o libro con antelación, coa posibilidade de que o autor o asine.
MÁIS INFORMACIÓN, NA NOTA ADXUNTA
https://www.kalandraka.com/melancoholemia-978-84-16721-64-1-galego-9210.html