
As editoras galegas viaxan a LIBER e a FRANKFURT, dúas das feiras máis destacadas na proxección do libro galego
- O 02/10/2018
As editoras galegas viaxan a LIBER e a FRANKFURT, dúas das feiras máis destacadas na proxección do libro galego
- As editoras galegas regresan á feira LIBER e promoverán as súas novidades ata o 5 de outubro
- As editoriais da AGE desprazaranse á feira sectorial máis importante do exterior que se celebra en Frankfurt, do 10 ao 14 de outubro
- A Asociación Galega de Editoras promoverá na feira de Frankfurt unha selección de obras como coexpositora no stand de Galicia
Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2018.- A promoción da industria editorial de Galicia no exterior é unha das principais liñas de actuación da Asociación Galega de Editoras (AGE). Con esa finalidade, as editoras galegas viaxarán, neste mes de outubro, ao espazo na feira que a AGE compartirá como coexpositora xunto coa Consellería de Cultura e Turismo, da Xunta de Galicia, aos encontros profesionais do sector máis destacados a nivel internacional, a Feira Internacional do Libro de Frankfurt (Alemaña), á única iniciativa deste tipo de relevancia mundial que se organiza en España, á Feira Internacional do Libro (LIBER) ademais da FIL Guadalaxara, en México, no mes de novembro.
LIBER celebra o 36 aniversario con Cuba como país convidado
A Feira Internacional do Libro, que nesta edición se celebra en Barcelona, terá lugar entre os días 3 e 5 de outubro. LIBER é unha feira con carácter profesional que promove a Federación de Gremios de Editores de España e que se organiza alternando a sede anualmente, nunha convocatoria en Madrid e noutra en Barcelona. Este ano LIBER regresa a Barcelona, organizada pola FIRA, para celebrar o seu 36 aniversario e con Cuba como país convidado. Esta convocatoria suporá o maior encontro internacional do libro en español, con capacidade de ofrecer oportunidades de negocio ás principais empresas editoriais.
A cita, consolidada como primeira mostra dedicada ao libro en lingua española en Europa e como principal centro de negocio e intercambio profesional, está aberta a todos os sectores do libro, con especial atención aos contidos dixitais, ás novas editoras, á autoedición e á propiedade intelectual.
LIBER 2018 visualiza a innovación, a produción e a internacionalización da industria do libro. A dixitalización, a relación co mundo audiovisual, a autoedición e a mellora das vendas serán os principais retos da edición deste ano.
O sector editorial galego contará con stand coexpositivo, entre a AGE e a Consellaría de Cultura e Turismo, da Xunta de Galicia, para amosar as súas novidades, manter acordos e intercambios comerciais. Ademais, as editoras asociadas Kalandraka Editora, Edicións do Cumio-Arnoia Distribuidora, contarán con espazo propio e Edicións Xerais de Galicia terá un expositor no stand de Anaya.
As editoras asociadas á AGE, Alvarellos Editora, Hércules de Ediciones, Edicións Laiovento, Kalandraka Editora, Baía Edicións, Edicións Xerais de Galicia, Edicións do Cumio e a Editorial Galaxia desprazaranse á feira entre os días 3 e 5 de outubro e ademais dotarán de novidades o stand galego na feira xunto con Nova Galicia Edicións, Oqueleo (Edicións Obradoiro), Urco Editora e Edicións Embora.
Frankfurt, o principal centro de negocio en venda de dereitos de edición no exterior
A grande cita mundial da edición que cada ano reúne a editoriais en Alemaña e que terá, nesta ocasión, como país convidado a Xeorxia, celebrarase entre os días 10 e 14 de outubro. Ademais do encontro en Frankfurt dos principais representantes internacionais do sector editorial, a feira alemá converterase, como cada ano, nun dos principais centros de negocio no exterior para a compra e venda de dereitos de edición, obxectivos fundamentais da delegación das editoras galegas que participarán na feira cunha mostra das súas novidades no espazo que a AGE compartirá como coexpositora xunto coa Consellería de Cultura e Educación: Hércules de Ediciones, Edicións Xerais de Galicia, Rodeira, Kalandraka Editora, Laiovento, Editorial Galaxia, Baía Edicións, Alvarellos Editora, Edicións Embora, Urco Editora, Oqueleo (Edicións Obradoiro), Edicións do Cumio (Arnoia Distribución de Libros) e Nova Galicia Edicións.