Axenda da Editorial Galaxia no marco da Feira do Libro de Vigo
- O 29/06/2017
O 29 de xuño, ás 19:45h. a cita de Galaxia en Vigo será con BLUES PARA MORAIMA a nova novela de Miguel Anxo Fernández. Estará na Praza do Sol con Ramón Nicolás e Carlos Lema. As persoas que merquen o libro recibirán de agasallo unha botella de albariño Viña Moraima.
Raquel Castro presenta Bestiario doméstico o día 30 de xuño, ás 19:45h. na Feira do Libro de Vigo, acompañada do seu editor Francisco Castro.
O 1 de xullo, concerto-presentación de Volta, revolta e reviravolta, o novo traballo de As Maimiñas, ás 19:00h.