
AXENDA DE ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O LIBROESTÍO
- O 14/07/2021
O xoves, 15 de xullo, celebramos o LIBROESTÍO, a festa do verán dos libros nas librarías. Visita as túas favoritas e infórmate das actividades que se organizan: sinaturas, presentacións, contacontos, e moito máis.
AXENDA DE ACTIVIDADES
XERAIS convida á presentación de Cobiza, de María Reimóndez, nos arcos de Bonaval, en Compostela, nun acto organizado pola libraría Lila de Lilith
O xoves 15 de xullo ás 19:00 horas, nos arcos de Bonaval de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación de Cobiza de María Reimóndez, I Premio Pinto e Maragota á Diversidade Sexual e de Xénero.
No acto, organizado pola libraría Lila de Lilith, participarán Nee Barros, Susana Sanches Arins e María Reimóndez.
__________
KALANDRAKA E DAVID PINTOR PRESENTAN EN MOITO CONTO O LIBRO DE VIAXES DEDICADO Á CORUÑA
«A Coruña» é un novo libro de artista de David Pintor no que plasma a súa fascinación pola súa cidade
natal cunha trintena de debuxos cheos de frescura e capaces de amosar distintos espazos -tanto os
coñecidos como os menos populares nas guías turísticas- dende puntos de vista sorprendentes,
introducindo elementos imaxinarios á vez que recolle a esencia da contorna natural e da identidade
propia dos lugares.
O autor preséntao este xoves 15 de xullo ás 19:00 horas na libraría Moito Conto
(San Andrés, 35) na compaña do xornalista Luis Pousa e con representación municipal e da editorial
KALANDRAKA, que publica a obra na colección Cidades.
O aforo é limitado e cómpre inscrición previa en libreria@moitoconto.com
_________
Na libraría Punto e Coma de Ourense celebraranse varias sinaturas ao longo da xornada:
15 de xullo, ás 19:00 David Lorenzo asinará exemplares das súas obras Roger e o rato e de O neno peixe, publicadas pola editorial Triqueta Verde.
Miguel Robledo, estará na libraría Punto e Coma, ás 20:00 para asinar exemplares de Teño dereitos, Frankenstein e Unha noite no tren da vía láctea, editadas por Aira Editorial
Na libraría Punto e Coma de Ourense, o ilustrador Pablo Otero, ás 21:00, asina exemplares das obras Parece unha formiga, A raíña de Turnedó, e de Contos por teléfono e Gelsomino no país dos mentiráns, da autoría de Gianni Rodari, editadas por Kalandraka
Máis información nas redes sociais da libraría Punto e Coma e puntoecoma.gal
___________
LIBRARÍA BD de Vigo
Jorge Campos (@ilustralecto) presenta as súas novidades editadas por Aira Editorial e asinará exemplares a partir das 20:00