Axenda de Alvarellos Editora na Feira do Libro de Compostela
- O 11/06/2020
Alvarellos Editora participa na Feira do Libro de Compostela que se inaugura o sábado 13 de xuño na Alameda. As actividades da editorial na feira comezan o domingo 14 de xuño ás 20:00h. con Irene Tomé e Xabier Ron, que asinarán exemplares de Os exilios que somos.
O martes 16 ás 20:00 horas, a autora Marilar Aleixandre asinará exemplares de Santiago de Compostela desde dentro, unha guía sensible, ecoloxista, feminista e cultural da capital de Galicia, perfecta para re-descubrir a cidade neses días.
O xoves, 18 de xuño, ás 20:00h. terá lugar a sinatura da obra da colección Verdemar, A nena que abrazaba as árbores.