Axenda de Edicións Xerais de Galicia na Feira do Libro de Vigo
- O 29/06/2017
O programa de Edicións Xerais de Galicia na Feira do Libro de Vigo contará coas seguintes presentacións:
Día 3 de xullo, luns
19:45 h.: Presentación de Os fillos do lume de Pedro Feijoo con Ledicia Costas. Ao remate, sinatura.
20:00 h.: Paco Barreiro asinará Beixos de lingua.
20:30 h.: Presentación Terradentro de Xosé Benito Reza con X. L. Méndez Ferrín. Ao remate, sinatura.
Día 4 de xullo, martes
19:30 h.: Manuel Esteban asinará A ira dos mansos (Premios Xerais de Novela, 2016)
19:45 h.: Presentación de Avións de papel de Xavier Estévez con Marcos Viso e Helena Pérez. Ao remate, sinatura.
Día 5 de xullo, mércores
19:00 h.: Ledicia Costas asinará exemplares das súas obras.
19:45 h.: Presentación de O Códice esmeralda de Alberte Blanco con Manuel Bragado. Ao remate, sinatura.
Día 6 de xullo, xoves
19:00 h.: Carlos Núñez asinará exemplares de Vigo metropolitano na Galicia céltica
19:45 h.: Presentación de Corredora de María Reimóndez con Ramón Nicolás. Ao remate sinatura.
20:30 h.: Presentación de Vigo metropolitano na Galicia céltica de Carlos Núñez con Manuel Bragado.
Día 7 de xullo, venres
19:45 h.: Presentación de O xogo de Babel de Elena Gallego Abad con Ledicia Costas. Ao remate, sinatura.