Baía Edicións presenta “As voces da auga”, de Ánxela Gracián
- O 29/03/2019
O martes día 2 de abril, ás 19:30 horas, Baía Edicións convida ao acto de presentación de As voces da auga, de Ánxela Gracián, na libraría Cronopios Libros (Alfredo Brañas, 24 – Santiago de Compostela)
Ánxela Gracián estará acompañada polo profesor, investigador e criterio literario, Armando Requeixo e pola directora editorial de Baía Edicións, Belén López Vázquez que se encargarán de facer un achegamento crítico á obra. No acto de presentación a autora asinará exemplares da obra.