
Baía Edicións presenta ‘Donas de nós’, de Ánxela Gracián, en Negreira
- O 18/11/2022
Organizado pola Asociación Cultural Gazafellos do Val (Avenida Brañas, 6 – Negreira), que terá lugar o domingo día 20 de novembro ás 12.00 horas.
No acto de presentación do libro editado por Baía Edicións, Donas de nós, da escritora, tradutora e profesora Ánxela Gracián, gañadora do X Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2022, participarán a autora, acompañada Carme Varela, escritora, dramaturga e activista cultural do noso patrimonio medieval (románico) no seo da Asociación “O Sorriso de Daniel”, e pola directora de Baía Edicións, Belén López Vázquez, que se encargarán de facer un achegamento crítico á obra.