Baía Edicións presenta “XelArias. Palabra á intemperie”, en Vigo
- O 05/04/2021
O martes, 6 de abril ás 20:00, Baía Edicións presenta XelArias. Palabra á intemperie, na Librería Cartabón de Vigo. No acto de presentación participará a autora da obra, Emma Pedreira e a ilustradora, Laura Romero, acompañadas pola coordinadora de Baía Edicións, Patricia Gómez, que se encargarán de realizar un achegamento crítico a esta obra de conversas literarias e plásticas con Xela Arias, escritora homenaxeada pola Real Academia Galega nas letras Galegas 2021.