
Barómetro de Hábitos de Lectura e Compra de Libros 2022
- O 28/02/2023
Onte, 27 de febreiro, presentouse o Barómetro de Hábitos de Lectura e Compra de Libros en España 2022, elaborado pola Federación de Gremios de Editores de España (FGEE), co patrocinio de CEDRO e en colaboración co Ministerio de Cultura e Deporte.
Segundo os resultados tirados do Barómetro, os índices de lectura aumentaron 5,7 puntos nos últimos dez anos, con especial incidencia entre as/os adolescentes
A porcentaxe de lectoras/es de libros, que experimentou un importante incremento en 2020, consolidouse en 2021 e medrou en 2022, máis significativamente entre a mocidade.
O 64,8% le libros no seu tempo de lecer, e esta porcentaxe increméntase ata o 66,2% se se incorporan os lectores e lectoras exclusivos de cómic.
Os menores con idades comprendidas entre 10 e os 14 anos e entre 15 e 18 rexistran as maiores porcentaxes de lectoras/es frecuentes do total da poboación. Entre as/os adolescentes de 15 e 18 anos rexistrouse un incremento de 11,8 puntos nos últimos dez anos.
As/os lectoras/es frecuentes, aquelas/es que len libros polo menos unha vez á semana, mantense no 52%. Segue a haber unha importante porcentaxe (35,2%) que admite non ler nunca ou case nunca, aínda así a porcentaxe reduciuse nestes dez últimos anos.
O Barómetro segue a detectar desequilibrios nos índices de lectura entre as diferentes comunidades autónomas, entre mulleres e hombres e entre os diferentes tramos de idade: Só un 3,4% escolle a lingua galega como preferencia para a lectura e só o 4% ten o galego como lingua habitual de lectura.
A porcentaxe de mulleres lectoras no seu tempo libre é significativamente superior ao dos hombres en todos os grupos de idade, diferenzas que mantiveron nos últimos dez anos.
A lectura en soporte dixital mantense estable. Un 29,5% da poboación de 14 ou máis anos le en soporte dixital polo menos unha vez ao trimestre.
Descende a porcentaxe dos que pagan polos libros dixitais (39%). O 66,3%, báixaos ou descárgaos gratuitamente. O 67% dos lectores e lectoras dixitais sabe cando a descarga non é legal.
O 52,8% da poboación comprou algún libro (non de texto) en 2022. A libraría tradicional mantense como a canle de compra habitual de libros seguida de internet (canle máis usada polas persoas de entre 25 e 34 anos) e as cadeas de librarías.
Accede ao Barómetro completo: Hábitos de lectura e compra de libros 2022