Barómetro Hábitos de Lectura e Compra de Libros 2021
- O 24/02/2022
Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2022.- O Barómetro de Hábitos de Lectura e Compra de Libros 2021, elaborado pola Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) co patrocinio de CEDRO, e en colaboración co Ministerio de Cultura e Deporte, foi presentado onte en rolda de prensa. Os resultados do Barómetro fan fincapé na consolidación do aumento da porcentaxe das/os lectoras/es frecuentes que se acadara durante a pandemia.
A lectura mantívose como unha actividade de lecer para case o 65% da poboación do Estado, mellorando os índices de lectura en practicamente todas as comunidades. Aínda así, segue a haber unha porcentaxe moi alta de poboación que recoñece non ler nunca (36%).
Descende lixeiramente a porcentaxe de lectoras/es en formato dixital e aumenta a de lectoras/es de audiolibros. Segue a incrementarse a proporción das persoas que pagan polos libros electrónicos (43%) pero a maioría continúa descargándoos gratuitamente.
As librarías tradicionais mantéñense como a canle principal de compra de libros.
A lectura en menores é xeneralizada e aumentan as horas semanais dedicadas á lectura entre as nenas e os nenos de seis anos, e ata os 9. A partir dos 15 anos descende notablemente a proporción de lectoras/es frecuentes en tempo libre.
Nota Federación de Gremios de Editores
Accede ao informe: https://www.federacioneditores.org/lectura-y-compra-de-libros-2021.pdf