
Calendario das Feiras do Libro de Galicia 2021
- O 21/04/2021
O Día do Libro inaugúrase o calendario das Feiras do Libro de Galicia, que decorrerán dende o vindeiro 23 de abril ata o 28 de agosto.
A primeira das citas, e a única que ten lugar no mes de abril, será en Ferrol, o 23 de abril, Día do Libro, na praza da Constitución, e decorrerá ata o 25 de abril.
Seguidamente as Feiras do Libro percorrerán as principais vilas e cidades galegas ata despedirse o 28 de agosto en Monforte de Lemos.
Organiza: Federación de Librarías de Galicia
Colabora: Xunta de Galicia
Máis información: http://www.librarias.org/axenda/