
Calendario de presentacións de “O home que matou a Antía Morgade”, de Arantza Portabales, editado por Galaxia
- O 16/02/2023
O venres 17 de febreiro, celebrarase, ás 19 h, na libraría Bululú da Coruña, a presentación de “O home que matou a Antía Morgade”, de Arantza Portabales.
Acompañando a autora estarán a bibliotecaria Lorena Gómez, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.
“O home que matou a Antía Morgade”, presenta o reencontro, despois de vinte anos, de seis amigos que se reúnen a cear, un 24 de xullo de 2021, en Santiago de Compostela. Baixo o estrondo dos brindes e dos fogos artificiais, un disparo remata coa vida dun deles.
O inspector Santiago Abad e a subinspectora Ana Barroso terán que enfrontarse a este crime nunha nova e apaixonante investigación, e todo apunta a que é, no pasado común deses comensais, onde se atopa a chave da súa resolución. Un tempo adolescente en que eses seis amigos compartían un piso de menores tutelado e onde aconteceu unha traxedia que marcou a todos para sempre: a morte da súa compañeira Antía Morgade.
Esta será a segunda de moitas presentacións; velaquí o calendario arredor da novela, en diferentes cidades de Galicia:
–Martes 28 de febreiro, ás 19:30 h. Sinatura en El Corte Inglés da Coruña.
–Mércores 1 de marzo, ás 19 h. Libraría Cronopios de Pontevedra.
Acompañando a autora, estarán a xornalista Susana Pedreira, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.
–Venres 3 de marzo, ás 19:30 h. Sinatura en El Corte Inglés de Santiago de Compostela.
–Venres 10 de marzo, ás 19:30 h. Libraría de El Corte Inglés de Vigo.
Acompañando a autora, estarán a escritora e crítica literaria, Inma López Silva, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.