Chus Pato, Premio Nacional de Poesía
- O 19/09/2024
María Jesús Pato Díaz (Chus Pato) foi galardoada co Premio Nacional de Poesía 2024, por ‘Sonora’ (Xerais) a proposta do xurado. O premio, concedido polo Ministerio de Cultura, está dotado con 30.000 euros.
O xurado destacou ‘Sonora’ por “ser unha obra experimental, unha expansiva e concentrada conversa entre o poema e a morte, aquela que, trala orfandade da nai, arrastra ao lector cara os abismos da propia liñaxe. Chus Pato explora novas formas de deconstruír e reconstruír os marcos do pensamento poético tradicional”.
Amais, o xurado sinalou que o poemario “crea espazos textuais cheos de fugas: retóricas, semánticas, capaces de hibridar distintos códigos nos que se desprega toda a súa inextinguible potencia sonora. En Sonora, memoria persoal, social e política murmuran as múltiples voces dunha das máis audaces poetas contemporáneas. Na súa obra, Chus Pato amosa o enfoque da poesía como elemento transformador da linguaxe”.