Coloquio da Editorial Galaxia no Instituto Cervantes de Londres
- O 29/08/2017
A Editorial Galaxia celebra un coloquio no Instituto Cervantes de Londres
O próximo 26 de setembro, ás 19:00h. celebrarase un coloquio no Instituto Cervantes de Londres, entidade que organiza o evento, e no que participarán o Director Xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro, acompañado de Xavier Alcalá e Sarah Burne.
Os participantes do coloquio debaterán sobre o traballo da Editorial Galaxia e a súa incidencia na sociedade galega.
Máis información aquí.