
CONTIDOS E EDICIÓNS INCLUSIVAS E O VALOR TERAPÉUTICO DA LECTURA, CONCLUSIÓNS DO XVIII SIMPOSIO DO LIBRO E A LECTURA ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORAS BAIXO O LEMA «LIBROS POLA DIVERSIDADE»
- O 01/10/2021
- O simposio O libro e a lectura da Asociación Galega de Editoras acadou a súa edición número 18 nun encontro celebrado o xoves 30 de novembro no auditorio do Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela (Pazo de Raxoi, s/n) e difundido en streaming.
- Participaron en total trece especialistas, docentes e empresas editoras, que abordaron o reto, xa presente, de desenvolver contidos e edicións inclusivas e diversas para o libro galego. Así mesmo, destacouse o enorme valor terapéutico da lectura e dos libros.
Santiago de Compostela, 01 de outubro de 2021.- “Libros pola diversidade” foi o lema do XVIII Simposio sobre o Libro e a Lectura que organizou onte 30 de setembro a Asociación Galega de Editoras, en colaboración co Consello da Cultura Galega e a Consellería de Cultura, Educación e Universidades, da Xunta de Galicia.
Foi difundido por streaming desde o auditorio do Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela. Debido á situación sanitaria, puido seguirse desde a canle de youtube da AGE, onde quedarán subidas as diferentes intervencións e coloquios.
Este encontro profesional das editoras galegas reuniu a trece expertos, docentes e representantes de editoras.
Participaron, na sesión de mañá, a presidenta da Asociación de Familias de Menores Trans de Galicia (ARELAS), Cristina Palacios; as representantes da Asociación BATA e de Kalandraka Editora, Mónica Santos de Manuela Rodríguez; o docente da USC e escritor, Jorge García Marín; a mestra Lucía Gómez, e Pilar Carballo, pedagoga do Centro de Recursos Educativos da ONCE de Pontevedra. Todas elas participaron no panel de experiencias “Contidos diversos”.
Os formatos e as coleccións diversas centraron a mesa redonda da sesión da tarde, con Dolores Reboredo, da S. X. de Educación; Laura R. Herrera, de Hércules de Ediciones, e Francisco Castro, da Editorial Galaxia. A conferencia de clausura foi a cargo do filósofo, docente e escritor, José Miguel Valle.
En total, trece especialistas, docentes e empresas editoras, que abordaron o reto, xa presente, de desenvolver contidos e edicións inclusivas e diversas para o libro galego. Así mesmo, destacouse o enorme valor terapéutico da lectura e dos libros.
Conclusións
- As editoras temos unha responsabilidade e obriga na elaboración de contidos inclusivos.
- É preciso dar visibilidade á persoas LGTBIQA+ nos recursos educativos e na literatura, e que se aborde a diversidade como un valor positivo. Visibilizar, coidar e celebrar.
- A lectura ten un enorme valor terapéutico.
- As nenas e nenos TEA deben ter dereito a recursos educativos axeitados e adaptados para apoiar a súa formación. (Solicítase á Real Academia Galega que inclúa o termo “pictograma” no Dicionario).
- É o intre de superar o patriarcado na literatura e de ofrecer unha visión libre de estereotipos. Xa se fixeron avances importantes estes anos.
- É necesario implementar ferramentas para a inclusión con materiais con accesibilidade cognitiva e ofrecer literatura adaptada para a discapacidade visual
- A lectura é unha práctica pracenteira, imaxinativa e disidente. “Ofrece amparo contra a intemperie”. (José Miguel Valle).
Vídeos coas intervencións na canle de Youtube da AGE
Deseño cartelería: OhMyWord
MÁIS INFORMACIÓN:
Asociación Galega de Editoras
s.tecnica@editorasgalegas.gal
tel. 881 81 72 64 – 609 83 15 11