Convocados os Premios Xerais 2018
- O 09/01/2018
Edicións Xerais de Galicia convoca os Premios Xerais 2018 para orixinais en lingua galega, conforme a normativa vixente, nas modalidades de novela, literatura infantil e literatura xuvenil.
Os tres premios están dotados con 10.000 euros e o prazo de admisión dos orixinais das tres modalidades será o 3 de abril de 2018, mentres que o xurado, cuxa composición se dará a coñecer no mes de maio, emitirá o seu fallo no curso da Festa Xerais que se celebrará o día 2 xuño de 2018. Os textos presentados han ser inéditos e totalmente orixinais e non poden ter sido comunicados, nin na súa totalidade, nin por partes, por ningún tipo de procedemento. O premio en cada unha das modalidades poderá ser declarado deserto no caso de que o xurado así o estime e a decisión será inapelable.
De cada orixinal presentaranse seis copias en papel, mecanografadas a dobre espazo e debidamente encadernadas, acompañadas dun cedé no que se incluirá a obra en formato pdf. Co orixinal, que deberá ser presentado baixo o lema e sen ningún tipo de dato que identifique ao seu autor/a, achegarase, en sobre pechado, o nome completo, enderezo e teléfono do autor/a, así como o título da obra. Os orixinais deben ser enviados aos locais sociais de Edicións Xerais de Galicia S.A., rúa Doutor Marañón, 12, 36211 Vigo.
Consulta as bases dos Premios Xerais 2018 nas seguintes ligazóns:
Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2018 https://www.xerais.gal/html/premios_literarios/03_bases_premio_julesverne_2018.pdf
Premio Merlín de Literatura Infantil 2018 https://www.xerais.gal/html/premios_literarios/02_bases_premio_merlin_2018.pdf
Premio Xerais de Novela 2018 https://www.xerais.gal/html/premios_literarios/01_bases_premio_xerais_2018.pdf
Máis información: https://www.xerais.gal/premios.php
Premios Xerais 2017: