Convocatoria do XIV Premio Internacional de Poesía para Nenas e Nenos Cidade de Orihuela
- O 04/06/2021
A Concellería de Educación de Orihuela e KALANDRAKA convocan o XIV Premio Internacional de Poesía para Nenas e Nenos Cidade de Orihuela, un dos certames de creación poética para público infantil máis importantes do panorama actual das letras iberoamericanas. O prazo de presentación dos traballos finalizará o 20 de setembro de 2021 e o fallo do xurado darase a coñecer arredor do 30 de outubro, coincidiendo co aniversario do nacemento do poeta Miguel Hernández.
Máis información e bases: Blog de Kalandraka Editora