Cuarto de Inverno presenta “A mestra Corremundos” en Compostela
- O 19/05/2021
O vindeiro xoves 20, ás 18h. presentarase o libro A mestra corremundos de Arancha Nogueiras e ilustracións de Ana Varela, editado por Cuarto de Inverno. Neste libro abórdanse as biografías de Pura e Dora Vázquez. A autora estará acompañada por Montse Pena Presas.
O aforo é limitado polo que será precisa a inscrición previa no enderezo electrónico liladelilith@gmail.com