Cuarto de Inverno presenta “A mestra corremundos”, en Ourense
- O 01/06/2021
O venres, 4 de xuño, ás 19 horas na Feira do Libro de Ourense, a editorial Cuarto de Inverno presenta A mestra corremundos, de Arancha Nogueira. Un libro que fala de Pura e Dora mentras pasean por Ourense nun periplo que as leva desde a Alameda até o parque do Barbaña, pasando pola estación de tren, a zona vella e outros lugares da súa querida cidade. Con todo, a andaina é tamén unha oportunidade para que Dora nos fale dunha muller valente e talentosa, amante das palabras e dos retos e que nunca dubidou en levar a cabo o que se propuña. A muller máis importante da súa vida: a súa irmá Pura Vázquez
Máis info: https://cuartodeinverno.com/libros/8/a-mestra-corremundos