
CULTURGAL 2020. PROGRAMA ESPAZO LIBRO
- O 25/11/2020
A Feira das Industriais Culturais, Culturgal 2020 celébrase esta fin de semana en Pontevedra, do 27 ao 29 de novembro.
Edicións Embora, Alvarellos Editora, Galaxia Editorial, Baía Edicións, Xerais, Editorial Bululú e Cuarto de Inverno participan con senllas actividades no Espazo Libro da Culturgal (Teatro Principal de Pontevedra).
Consulta as actividades do Programa
Culturgal está organizada pola asociación do mesmo nome, presidida por Víctor López e constituída en 2010 para dar continuidade e estabilidade a unha feira que arrancara de maneira exitosa en 2007. Forman parte de Culturgal as asociacións profesionais máis representativas do sector: Asociación Galega de Editoras (AGE), Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet), Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi).
Máis información: Culturgal