
Curso de márketing dixital para editoriais asociadas á AGE
- O 02/06/2022
A Asociación Galega de Editoras organiza a 2ª edición do curso de márketing dixital para editoriais asociadas á AGE, que será impartido pola docente Eva Güell, especializada no ámbito do márketing e a transformación dixital. Terá unha duración de 10 horas, e celebrarase en liña desde a aula virtual da docente, os días 27, 28 e 29 de xuño / 4 e 5 de xullo, en horario de 18:00 a 20:00.
Curso ampliado de márketing dixital para editoriais
O curso ofrece os elementos básicos para:
- Adquirir unha visión global da contorna dixital e definir que precisamos para posicionar nela á nosa editorial e os libros que publicamos.
- Entender a estrutura do modelo de márketing dixital, as técnicas que nos permitirán integralo no noso plan de márketing anual, e como medir a consecución dos obxectivos marcados.
Contido das sesións:
1ª sesión: O modelo de márketing dixital no sector editorial
- A contorna dixital no sector editorial: entender as circunstancias específicas de márketing e do negocio no noso sector
- O modelo de márketing dixital: o Funnel de conversión: conceptos claves de cada unha das fases
2ª sesión: Os activos dixitais dunha editorial. Os contidos
- Activos dixitais dunha editorial
- Estratexia de contidos
3º sesión: Buscadores: como nos posicionamos
- Posicionarse en Google: SEO e SEM
4º sesión: Chegar á nosa audiencia
- Redes sociais: claves para definir nelas a nosa presenza
5º sesión: Captar emails e coidar a nosa BBDD. O plan de márketing 360º
- Email márketing
- O plan de márketing editorial 360º
Eva Güell Ferré é activadora e facilitadora de proxectos, traballou 17 anos en empresas do sector editorial axudando a definir, planificar e facer realidade proxectos no ámbito dixital, de desenvolvemento de negocio e en distribución. Dirixiu departamentos de márketing e desenvolvemento de negocio dixital; liderou proxectos de diversa índole e ámbito internacional, grazas aos que tivo a oportunidade de traballar con equipos
interdisciplinares de departamentos comerciais, IT, asesoría legal, de dereitos de autoría, editoriais, e de produción editorial. Actualmente ofrece servizos de asesoría profesional a empresas do sector editorial e outras, así como formación especializada no ámbito del márketing e a transformación dixital. É docente no Máster en Edición da Universitat Pompeu Fabra (Barcelona).
https://www.linkedin.com/in/eva-guell/
[Coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia ]