Dos Acordes edita A Banda Garrote: música e músicos en Ortigueira
- O 20/04/2021
Dos Acordes edita A Banda Garrote: música e músicos en Ortigueira, unha obra de Xabier Garrote Cobelo na que recolle os resultados dun monumental traballo de clasificación e estudo historiográfico dos materiais documentais conservados no Arquivo Musical da Banda Garrote de Ortigueira, con particular énfase no papel histórico da banda Garrote e no rol que nesta comarca exerceron tres músicos dunha saga familiar incuestionablemente vencellada á historia musical de Galicia: José María, Manuel e Andrés Garrote.
O ensaio complétase con documentadas referencias a moitos dos músicos responsables de trazar a historia das bandas de música en Ortigueira, cun amplo aparato documental e con dúas notables contribucións, dos estudosos Xosé Carlos Breixo e Alejo Amoedo, que constitúen unha mostra das moitas liñas de investigación que este traballo abre.