Edicións Embora publica a obra gráfica Que tempos!, de Xaquín Marín
- O 25/01/2022
En Que tempos! Xaquín Marín preséntanos un conxunto das súas achegas á revista Tempos Novos: unha escolma atemporal que retrata a realidade galega e define o xeito que ten o noso debuxante de estar no mundo. Unha obra gráfica monumental repleta de intelixencia, humor e amor.
Que tempos! o novo título engadido a Fóra de colección, de Edicións Embora, saíu do prelo o pasado mes de decembro e xa está dispoñible nas librarías do país.
Máis información: ediciónsembora.es