
Edicións Embora publicará a obra gañadora do “Premio Arume de Poesía para a Infancia”
- O 26/03/2021
A Fundación Xosé Neira Vilas xunto con GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) e co patrocinio de Deleite, convocan o Premio Arume de Poesía para a Infancia co obxectivo de recoñecer a calidade literaria de textos poéticos creados para nenos e nenas e fomentar a lectura de poesía entre este lectorado. Edicións Embora publicará o Premio.
Prazo de admisión de orixinais: 17 de maio de 2021
Bases completas: http://neiravilas.gal/images/premios/2021/arume/Bases_Premio_Arume_2021.pdf