Edicións Fervenza presenta ‘A comuna de Valdonelle’, de Carlos Neira, Premio Balbino de Relatos
- O 30/11/2022
A Sede Afundación Ferrol acolle o venres, 2 de decembro, ás 19.30 h, a entrega do premio do Concurso Balbino de Relatos ao gañador desta edición, ao ferrolán Carlos Neira Suárez, nun acto no que tamén será presentada a obra premiada, o libro ‘A comuna de Valdonelle’.
No acto, que estará aberto ao público ata completar aforo, o autor estará acompañado polos profesores e escritores Xosé Manuel Lobato e Xoán Carlos García Porral; o xornalista e escritor Germán Castro Tomé; o presidente da Fundación Xosé Neira Vilas, Fernando Redondo; o concelleiro de Cultura do Concello de Vila de Cruces, Julio López; e a delegada territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros.
Durante o acto contarase co acompañamento musical de María Manuela e Xurxo Varela