Edicións Fervenza presenta “O asubío do tempo”, en Cangas
- O 19/02/2019
Edicións Fervenza presenta este xoves, 21 de febreiro, no Club Náutico Rodeira de Cangas, ás 19:30h., O asubío do tempo, coa autora Loliña Chamadoira e Marcos Moral Campos, ilustrador do libro. Acompañaraos Baldomero Iglesias “Mero”, Valentín García e Borja Brun.