Edicións Fervenza presenta “O castelo de Pena Redonda, o máis tolo da contorna”
- O 07/02/2019
O Salón de actos da Casa da Cultura de Quiroga acolle o sábado 9 de febreiro, ás 19.00 h, a presentación da obra teatral “O castelo de Pena Redonda, o máis tolo da contorna”, da autoría de Celia Díaz Núñez e publicado por Edicións Fervenza.
No acto, que estará aberto ao público ata completar aforo, a autora estará acompañada da directora do CEIP de Quiroga e tenente de alcalde do Concello de Quiroga, Ana María Núñez García e do ilustrador do libro, Ricardo Cid Paz.
Durante a presentación, contarase cunha lectura dramatizada a cargo de Ignacio González Gómez, Natalia Álvarez Díaz, Nadia Touzón López e Manuel Antonio González Gallego.