Edicións Fervenza retoma as presentacións públicas nunha semana chea de actividades
- O 08/06/2021
Edicións Fervenza programa varios actos de presentación das súas últimas novidades.
O mércores 9 de xuño ás 18h., presenta o poemario Agochar a memoria nalgures, de José Julio Fernández. O acto de presentación terá lugar no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela. O autor estará acompañado do filósofo e pintor Alfonso Iglesias Zamar e o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García. Así mesmo, contarase coa actuación de Sofía Fernández e Alex G. Canal (Espazo de danza USC).
O xoves 10 de xuño ás 19:30h., Edicións Fervenza presenta O inverno ausente… nos corazóns galegos de Salvador de Bahia, de Fernando Martínez, no Museo de Pontevedra – Sexto Edificio (rúa Padre Amoedo)–. O acto contará coa presenza do autor, acompañado de Manuel Lourenzo González; o secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda; e o presidente do Museo de Pontevedra, José Manuel Rey García.
Finalmente, o venres 11 de xuño, ças 20:30h., presentarase Teatro de Don Olimpio no Balneario de Cuntis. A obra recolle once obras teatrais de Olimpio Arca Caldas. O acto de presentación contará coa presenza de Susi Arca, mestra e filla de Olimpio Arca; Mario Touceda, bibliotecario do Concello de Cuntis; o xerente de Bamarti, Fernando Martínez; e o alcalde do Concello de Cuntis, Manuel Campos. Ademais da actuación musical a cargo de Manoele de Felisa.