Edicións Laiovento presenta “Mociñas”, na Coruña
- O 11/05/2021
O mércores 12 de Maio, Edicións Laiovento presenta o libro Mociñas, de Louisa May Alcott, traducido por Rocío Viéitez Ferro. O acto celebrarase na sede da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña (Rúa Olmos, 16-18).
Trátase dun libro do XIX onde nos ensinan a unidade da familia, o valor do esforzo, a sobrevivir á morte e a soidade, a loita constante ante as adversidades diarias que todos temos, a agardar e desesperar, a aceptar e a perder.Cun espírito revolucionario, activista e formativo para a época na que foi escrita, en realidade trata sobre as dificultades que tiñan as mulleres (e aínda teñen) polo feito de medrar nunha cultura que premiaba o seu aspecto por enriba da súa esencia, Louisa May defendeu os dereitos da muller, a abolición da escravitude, as reformas no sistema educativo coa escolarización das nenas.
No acto de presentación participará, ademais da tradutora, Prudencio Viveiro Mogo.