Edicións Xerais de Galicia presenta en Allariz “Long Play”, de Lois Pérez
- O 29/12/2017
Venres 29 de decembro ás 19:30 horas, na Galería Circular de Allariz, terá lugar a prensentación do libro Long Play de Lois Pérez.
No acto, organizado pola librería Aira das Letras, Galería Circular, Ben Común e Edicións Xerais de Galicia, o xornalista César Lorenzo Gil falará co escritor e músico sobre o seu libro.