Edicións Xerais de Galicia presenta “Camiñar o Vigo vello” de Pedro Feijoo, en Vigo
- O 13/03/2018
O venres 16 de marzo de 2018, ás 19:30 horas, na sede do Instituto Camões, Praza Tenente Almeida, s/nº, Vigo, terá lugar a presentación do libro Camiñar o Vigo vello. Un paseo pola historia da cidade de Pedro Feijoo.
No acto acompañarán ao autor, Carla Sofia Amado, Leitora USC, Responsável do Camões em Vigo e Manuel Bragado. Ao remate Pedro Feijoo, guiará un pequeno paseo polo Vigo vello.