Edicións Xerais de Galicia presenta “Dragal V. O segredo do dragón”, de Elena Gallego Abad
- O 30/09/2019
O venres 4 de outubro, ás 20:00 horas, no Ateneo Santa Cecilia de Marín (rúa do Forno, 42) terá lugar a presentación do libro Dragal V. O segredo do dragón, de Elena Gallego Abad.
No acto participarán Fran Alonso e Elena Gallego Abad. Paco Pernas de Petanaporta Teatro fará unha performance. Organiza o acto o Ateneo Santa Cecilia en colaboración co Concello de Marín.