A Editorial Galaxia presenta “Os fíos de infantil”, de Ángeles e Isabel Abelleira Bardanca, na Coruña
- O 13/11/2017
A Editorial Galaxia presenta o mércores 15 de novembro, ás 17h, na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, Os fíos de infantil, o libro co que Ángeles e Isabel Abelleira Bardanca gañaron o prestixioso Premio Marta Mata de Pedagoxía no 2016. Acompañando ás autoras estarán os profesores Rosa María Méndez García e Javier Rouco Ferreiro, e a editora Malores Villanueva.