Culturgal abre o prazo de convocatoria de actividades 2019
- On 16/09/2019
Culturgal, como espazo de promoción e divulgación de proxectos de interese na cultura galega actual, abre convocatoria para o programa de actividades 2019. A Feira celebrarase do 29 de novembro ao 1 de decembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra. A organización anima a participar na proposta de actividades e presentacións que dan a coñecer ao público novos proxectos, produtos e servizos nos ámbitos do libro, da música, do audiovisual, das artes escénicas, da arte contemporánea, etc. Xunto cos expositores e os espazos de debate e reflexión, a programación de Culturgal é un piar da Feira anual da cultura en Galicia.
Desde o 31 de xullo até o 1 de outubro de 2019, empresas, profesionais, asociacións e outras entidades están convidadas a participar no estimulante e diverso escaparate da Culturgal 2019.