
Dez editoriais asociadas á AGE amosarán as súas novidades na 54 edición da Feira do Libro de Boloña
- On 03/04/2017
Hércules de Ediciones, Baía Edicións, Edicións Xerais de Galicia, Editorial Galaxia, Kalandraka Editora, Alvarellos Editora, Nova Galicia Edicións, Ediciones Bolanda, OQO Editora e Urco Editora estarán presentes na 54 edición da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, evento dedicado ao mundo da produción de libro infantil e xuvenil e o máis importante para o sector do libro especializado neste ámbito
Esta feira congrega unha ampla representación internacional de editores, tradutores, axentes literarios, autores… Trátase dun evento imprescindible para o intercambio de dereitos dentro da literatura infantil e xuvenil
Nesta 54 edición da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, que se celebra do 3 ao 6 de abril e que terá como convidados de Honra a Cataluña e Illas Baleares, e que contará tamén con ampla presenza de editoriais galegas desde o stand de Galicia, estará compartido conxuntamente coa Asociación Galega de Editoras e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. As editoras traballarán na axenda pechada e organizada con antelación e coa que pretenden levar a cabo diferentes actividades de promoción e xestión da súa actividade.
Amais, desde a BBF, as novidades editoriais galegas exhibiranse no stand de Galicia e darase a coñecer a obra dos/as autores/as galegos/as nunha das principais citas anuais do mundo editorial. A Asociación Galega de Editoras aproveitará o espazo galego na feira para manter xuntanzas de traballo con representantes do sector internacional.
Máis información nas redes sociais da AGE (Facebook, Twitter e Instagram)