Día da Edición
- On 17/12/2019
Celebramos o Día da Edición en Galicia porque un 17 de decembro coma hoxe, de 1895, nacía na Coruña Ánxel Casal, artífice do primeiro proxecto editorial moderno do país, a editorial Nós. Este anuncio: “Os pobos somentes son grandes pol-a cultura. Mercade Libros Galegos” publicouse na Revista Nós en varios dos seus números durante os primeiros anos 30. O que aquí se reproduce aparece no número 121 do 15 de xaneiro de 1934.