Edicións Fervenza presenta “A matanza do porco. Cultura e tradición”, de Xoán Carlos García Porral
- On 10/03/2020
O xoves, 12 de marzo, ás 20.00 h, na Casa das Letras da Estrada, Edicións Fervenza presenta A matanza do porco. Cultura e tradición, de Xoán Carlos García Porral.
No acto de presentación participará o autor, acompañado pola profesora Mónica Mato, e o normalizador lingüístico do Concello da Estrada, Xosé Lueiro xunto co alcalde do Concello da Estrada, José López.