Edicións Xerais de Galicia presenta “Tres bichicomas, dúas illas e unha serea”, de Rosa Aneiros, en Vilalba
- On 11/02/2020
O venres 14 de febreiro ás 19:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a presentación do libro Tres bichicomas, dúas illas e unha serea de Rosa Aneiros, II Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade 2018. No acto, organizado polo Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), o Concello de Vilalba e Xerais, participarán Marisa Barreiro, Elba Veleiro, Fran Alonso e Rosa Aneiros.