I Gala do Libro
- On 26/04/2016
O vindeiro sábado 14 de maio celebrarase a Gala do Libro Galego, uns premios que teñen por obxecto de recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2015 en Galicia. No evento entregaranse 14 distincións, todas elas sen dotación económica.
A Gala dará comezo ás 18:30 horas no Teatro Principal de Santiago de Compostela seguindo o seguinte horario:
18.30 Sesión de fotografías de lectoras-es e autores-as e sinatura de libros á entrada do Teatro.
19.30 Comezo da Gala (entrada libre até completar aforo)
21.30-23.00 Nova sesión de fotografías e sinatura de libros
Na Gala entregaranse serán distinguidas as seguintes categorías:
- Obra de ensaio
- Obra de narrativa
- Obra infantil e xuvenil
- Libro ilustrado
- Iniciativa bibliográfica
- Obra traducida
- Libro de poesía
- Libro de teatro
- Iniciativa cultural ou fomento da lectura
- Proxecto literario na rede
- Xornalismo cultural
- Escritor galego universal
- Premio honorífico á libraría
- Premio honorífico á editora
As obras gañadoras serán determinadas por un xurado externo sobre unha listaxe de obras finalistas conformada polas bases asociativas das tres entidades convocantes: a AGE, a AELG e a Federación de Librarías de Galicia.