«Mergúllate. Le en galego», a campaña da AGE neste Día do libro
- On 23/04/2020
Santiago de Compostela, 23 de abril.- Hoxe, Día Internacional do Libro, a Asociación Galega de Editoras (AGE) presenta o primeiro vídeo bookshelftour que completa a nova campaña de promoción da lectura en galego denominada «Mergúllate. Le en galego». A protagonista desta videocreación realizada pola produtora Illa Bufarda é a rapeira A Rabela, quen comparte con nós as súas lecturas favoritas.
A campaña «Mergúllate. Le en galego» iniciouse a finais do ano pasado e continuou coa difusión a través das redes sociais da AGE do cartel e da videocreación da nadadora Nerea López Sanmartín. A campaña continuará a enriquecerse con distintas producións coa finalidade de promover a lectura na nosa lingua.
Vídeo na canle de Youtube da AGE
[A Campaña «Mergúllate. Le en galego» conta coa colaboración da Xunta de Galicia]