Baía Edicións convoca o 9º premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil
- On 10/06/2020
Baía Edicións convoca o 9º premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil. O prazo de recepción de orixinais remata o 23 de xuño de 2020. A resolución do xurado darase a coñecer o 1 de agosto de 2020 (no marco da Feira do libro da Coruña) Consulta as bases Máis información en baiaedicions.gal
Read More «Mergúllate. Le en galego», a campaña da AGE neste Día do libro
- On 23/04/2020
Santiago de Compostela, 23 de abril.- Hoxe, Día Internacional do Libro, a Asociación Galega de Editoras (AGE) presenta o primeiro vídeo bookshelftour que completa a nova campaña de promoción da lectura en galego denominada «Mergúllate. Le en galego». A protagonista desta videocreación realizada pola produtora Illa Bufarda é a rapeira A Rabela, quen comparte con [...]
Read More O SECTOR DO LIBRO GALEGO URXE Á XUNTA DE GALICIA CONCRETAR AS AXUDAS FRONTE Á CRISE DO COVID-19
- On 16/04/2020
Os gremios de editoras e librarías galegas máis a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega diríxense de novo ao Goberno galego para que este aclare os orzamentos e un calendario de execución. Santiago de Compostela, a 16 de abril de 2020.- A Asociación Galega de Editoras, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega [...]
Read More O SECTOR DO LIBRO GALEGO DEMANDA Á XUNTA DE GALICIA ACCIÓNS URXENTES ANTE A CRISE DO CORONAVIRUS
- On 27/03/2020
A Asociación Galega de Editoras (AGE), a Federación de Librarías de Galicia (FLG) e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) trasladaron hoxe ao conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia un paquete de oito medidas esenciais para incentivar a demanda do libro galego. Venres, 27 de marzo de 2020. A Asociación [...]
Read More Comunicado das entidades organizadoras da Gala do Libro Galego 2020
- On 18/03/2020
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2020. As entidades organizadoras da Gala do Libro Galego 2020, Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), Federación de Librarías de Galicia (FLG) e Asociación Galega de Editoras (AGE), acordamos -debido á situación actual e seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias- adiar o evento en principio [...]
Read More Finalistas da Gala do Libro Galego 2020
- On 04/03/2020
(Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2020) A Asociación Galega de Editoras (AGE), Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), e a Federación de Librarías de Galicia (FLG) convocan a quinta edición dos Premios Gala do Libro Galego, a celebrar o sábado 9 de maio de 2020 no Teatro Principal de Santiago [...]
Read More A Asociación Galega de Editoras amosa un profundo pesar polo pasamento de Xulio Amigo
- On 22/02/2020
A Asociación Galega de Editoras amosa un profundo pesar polo pasamento de Xulio Amigo, responsable comercial da Editorial Galaxia e membro da xunta directiva da AGE. A Asociación Galega de Editoras traslada a todo o cadro de persoal de Galaxia a súa aperta máis sentida. (Foto: Web Editorial Galaxia)
Read More Convocados os Premios Xerais 2020
- On 24/01/2020
cións Xerais de Galicia convoca a trixésimo sétima edición do PREMIO XERAIS DE NOVELA en lingua galega, dotado con 10.000€, que se rexerá polas seguintes bases: Premio Xerais de Novela Edicións Xerais de Galicia convoca a trixésimo quinta edición do PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL en lingua galega, dotado con 10.000€, que se rexerá polas [...]
Read More A Editorial Galaxia convoca a cuarta edición do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2020
- On 03/01/2020
A Editorial Galaxia convoca a cuarta edición do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2020 para autores e autoras menores de 35 anos co obxectivo de estimular a creación. En 1957 a Editorial Galaxia botou a andar a colección Illa Nova, coa que pretendían dar continuidade ao proxecto da editora a través das novas [...]
Read More Mergúllate. Le en galego
- On 03/01/2020
A Asociación Galega de Editoras presenta un avance da campaña de promoción do libro galego, baixo o lema Mergúllate. Le en galego, realizada pola produtora creativa Illa Bufarda, en colaboración coa Xunta de Galicia. A campaña Mergúllate. Le en galego difundirase completa a través da web e das redes sociais da AGE.
Read More Día da Edición
- On 17/12/2019
Celebramos o Día da Edición en Galicia porque un 17 de decembro coma hoxe, de 1895, nacía na Coruña Ánxel Casal, artífice do primeiro proxecto editorial moderno do país, a editorial Nós. Este anuncio: “Os pobos somentes son grandes pol-a cultura. Mercade Libros Galegos” publicouse na Revista Nós en varios dos seus números durante os primeiros [...]
Read More