DARDO é unha editorial especializada en arte contemporáneo que expande agora o seu campo de cobertura á arquitectura e o deseño, a partir de libros e revistas que analizan as súas diferentes correntes e manifestacións.
A nosa liña editorial conta con publicacións diversas: realizamos catálogos de exposicións para os principais centros de arte e museos de España, Portugal e Brasil, libros sobre artistas e publicacións de carácter teórico ou de análise crítico do panorama artístico actual. Para desenvolver este traballo contamos con distintas coleccións, como DARDO Tu, DARDO XS, DARDO Teoría ou a máis recente DARDO brevis, con contidos que se poden consultar no noso catálogo de publicacións.
Dende fai seis anos publicamos DARDO magazine, unha revista cuadrimestral de alcance internacional de artes visuais contemporáneas dirixida polo crítico David Barro. Editada en dous idiomas: español e portugués, os contidos de DARDOmagazine refírense sobre todo a aspectos relacionados coa arte en España, Portugal e Brasil sen desatender o panorama internacional. Dende fai un ano, DARDO amplía o campo de acción da súa revista incluíndo a arquitectura e o deseño como parte das súas propostas.
Datos de Interese
- Ano fundación: 2006
- Cargos directivos: David Barro
- Liña editorial: Arte contemporánea, arquitectura e deseño.
- Coleccións: DARDO T, DARDO TU, DARDO XS, DARDOteoría, DARDObrevis, Artistas galegos.
- Títulos do catálogo: 69 títulos
- Prefixos do isbn: 84-92772
- Linguas nas que edita: Galego e castelán.
- Distribuidores: distribución directa DARDO