Dos Acordes é unha empresa de servizos musicais establecida en Baiona (Pontevedra). A actividade da nosa empresa concrétase, actualmente, en tres sectores: o ensino da música, a edición musical, e o asesoramento cultural.
Dentro da nosa editora, o plan de publicacións inclúe desde partituras até materiais didáctico-educativos, e todo tipo de literatura, tanto técnica como ensaística, sobre música, así como a edición de material sonoro en diferentes soportes.
Datos de Interese
- Ano fundación: 2003
- Cargos directivos:
- Director: Javier Jurado
- Liña editorial: Editorial musical.
- Coleccións: Cadernos de Gaita Galega. Novos compositores galegos. Ars Gallaeciae Musicae. Isto é percusión. Cadernos de Música Coral. Revista de Etnomusicoloxía “Etno-Folk”…
- Títulos do catálogo: +125 (até decembro de 2011)
- Prefixos do isbn: 933880
- Prefixos do ismn: 801231
- Linguas nas que edita: Galego, castelán…
- Distribuidores:
Consorcio Editorial Galego S.A.
Avda. da Estación 25 – 36812
REDONDELA (Galiza), España
(Tel. 986405051)